Zona Franca de Barcelona

A Zona Franca ou Polígono Industrial da Zona Franca, é unha zona industrial e loxística que se atopa na área administrativa Zona Franca - Port do distrito de Sants-Montjuïc, na cidade de Barcelona. Está a carón da autovía C-31, e preto de La Marina de Sants, El Prat de Llobregat e de L'Hospitalet de Llobregat. Está nunha situación moi estratéxica, entre o Porto de Barcelona e o Aeroporto de Barcelona.

Hai un Centro de internamento de estranxeiros do Estado Español do que moitas entidades pediron o peche por considerar que non se trataba aos internos correctamente.[1]

  1. El País, ed. (15 de decembro de 2012). "Centos de persoas piden o peche do centro de estranxeiros da Zona Franca". EFE. Consultado o 14 de decembro de 2013. 

Developed by StudentB